×
Brisca: A Brisca é un xogo de cartas da familia do Tute, é decir, un xogo de bazas con un pau de triunfo no que as cartas se van tomandos según se van xogando as bazas. Na man do xogador haberá 3 cartas en todo momento ata finalizar a partida. En cada xogada cada xogador descobre unha carta e o que teña a maior carta do pau do triunfo ou a carta máis alta do pau de saída gaña a baza quedandose coa puntuación de ambas cartas e comezando a seguinte baza. Para determinar quen gañou a baza en caso de que ambos xogadores escollan unha carta do mesmo pau primeiro mirase a maior puntuación da carta e en caso de ter ambas puntuación 0 mirase cal é a carta máis alta. Cada xogador rouba unha carta do mazo para xogar a seguinte baza. Gaña o xogador que obteña máis puntos. Se tes na túa man o número 7 do trunfo podes cambialo pola carta de trunfo mantendo presionada a túa carta. Da mesma forma o 2 do trunfo pode cambiarse polo 7,6,5 ou 4.